Cruz Freire

Catedrático/a de universidade

Área de Enxeñaría Química

Información de contacto

+34 986 812 022
jmcruz@uvigo.gal

Breve CV

Profesor Titular do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, con 3 sexenios de investigación e 4 quinquenios docentes. Doutorouse, con premio extraordinario, por esta universidade no ano 2000 e posteriormente incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela a través do prestixioso programa nacional de recursos humanos “Ramón y Cajal”. Realizou estadías de investigación na USDA en Madison-Wisconsin (USA) e no Departamento de Enxeñaría Biolóxica da Universidade do Minho, en Braga-Portugal. Ao longo da súa carreira investigadora participou en máis de 30 proxectos de investigación, ten publicados máis de 125 artigos internacionais en revistas SCI, estando máis do 75% dos mesmos no primeiro terzo do seu epígrafe, no JCR. Ten un índice H de 37, ten publicados 6 capítulos de libros e presentou máis de 170 comunicacións a congresos, co-dirixiu 8 teses doutorais é coautor de 6 patentes (dúas delas licenciadas por empresas nacionais e internacionais). É o Director do Departamento de Enxeñería Química dende o 4/11/2025.