Deterxentes biolóxicos creados a partir dos licores de lavado de millo melloran as propiedades físicas de pelo danado

O grupo de Enxeñaría Química 10 da Universidade de Vigo demostrou xa hai anos que os licores procedentes do lavado do millo presentan uns deterxentes biolóxicos, producidos de xeito espontáneo polos microorganismos que alí medran de forma natural, e cuxo custe estaría moi por debaixo dos deterxentes deste tipo que se comercializan na actualidade no mercado, produtos que alcanzan un valor de ata máis de 1000 euros por gramo. En base a todas estas investigacións, que deron xa lugar a varias patentes, o grupo acaba de rematar un novo proxecto no que puideron comprobar que os extractos biosurfactante extraídos dos licores de lavado de millo logran mellorar as propiedades físicas do pelo danado, “posiblemente debido á súa composición natural, así como ás súas propiedades antioxidantes”, explica a profesora Ana Belén Moldes, investigadora principal deste traballo, xunto ao tamén profesor José Manuel Cruz, coordinadores do grupo EQ10.

Ler a nova completa no DUVI