Inicio

 

Grupo de investigación Enxeñería Química 10

O grupo de investigación EQ10 é un grupo multidisciplinar creado no ano 2009 na Escola de Enxeñería Industrial e que leva a cabo actividades no ámbito da Tecnoloxía Medio Ambiental centrados na economía circular para a valorización de residuos da industria agroalimentaria, co fin de obter productos de alto valor engadido, tales como biosurfactantes, antioxidantes, bioadsorbentes, antibióticos, etc. Dende a súa creación conta coa mención da Xunta de Galicia como “Grupo Emerxente” ou “Grupo con Potencial de Crecemento”. Os dous coordinadores do grupo EQ10 contan con 4 sexenios de investigación, publicaron máis de 140 artigos SCI, presentaron máis de 180 comunicacións a congresos, participaron en máis de 40 proxectos de I+D e codirixiron 9 Teses de Doutoramento.